WEB - NORABOA aos nov@s FUNCIONARI@S EN PRÁCTICAS!!!
PASOS A SEGUIR:
- Pedir destino para o curso 2021/2022 a través de : edu.xunta.es/cadp
Nos dous días hábiles desde o seguinte ao que o tribunal publique a relación de aprobados, hai que participar no CADP: Precisarás ter chave365, dni electrónico ou certificado dixital para poder presentar a instancia na sede electrónica. Podes ir solicitando o correo electrónico no dominio "edu.xunta.gal" a través dun mail ao persoal da Consellería, ou a través da UAC (uac@edu.xunta.gal ou teléfono 881 99 77 01)É imprescindible validar a instancia, automáticamente xa é enviada á sede electrónica da Xunta onde terás que completar o procedimento asinándoa cunha clave que che enviarán ao móbil. Estará correcto si se xeneran dous PDF: xustificante e solicitude.
Aquel persoal con fillos poderá cubrir un CADP por comisión de conciliación familiar sempre e cando cumpra os requisitos (LIGAZÓN ) e, a maiores deberá cubrir a ordinaria. -
Que documentos terei que entregar?
No prazo de 20 días hábiles desde a publicación no DOG dos aprobad@s, debe presentarse por medios electrónicos (https://sede.xunta.gal/) unha solicitude xenérica dirixida á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos cos seguintes documentos:
>> Certificado médico : O médico terá que certificar simplemente que "-----, con NIF ----, non padece ningunha enfermidade nin esta afectado/a por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co exercicio da docencia", ten que estar asinado, con data e selo do médico.
>> Declaración responsable : LIGAZÓN
>> Certificado de non ter antecedentes por delitos sexuais (só no caso de ter denegado expresamente a consulta de datos do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais na matricula para as oposicións). -
Publicación das prazas asignadas para o curso 2021:
>> Resolución Provisional CADP Mestres: 27 de Xullo ( 2 días hábiles para reclamacións) --> Resolución Definitiva : 2 de Agosto
>> Resolución Provisional CADP Secundaria: 30 de Xullo ( ata o 2 de setembro para reclamacións) --> Resolución Definitiva: 9 de Setembro -
Toma de posesión no centro adxudicado:
Enviar a documentación da Toma de Posesión que colgará a Consellería na súa web á Xefatura Territorial da provincia na que obtiveras o teu destino.
>> Os mestres a data de 1 de setembro de 2021.
>> Resto de corpos a 15 de setembro de 2021. -
Alta en MUFACE (Mutualidade de Funcionarios da Administración Xeral do Estado )
Hai que esperar a recibir o nomeamento de funcionari@ en prácticas e MUFACE enviarache un correo con información sobre o procedemento. Podes ler toda a información para novos mutualistas na seguinte LIGAZÓN
-
A ter en conta:
>> Cada funcionari@ en prácticas terá que ter asignado (en outubro normalmente) un titor de prácticas, preferiblemente da súa especialidade, e ao finalizar os catro meses de prácticas obrigatorias, a XT desa provincia, indicará o prazo no que haberá que entregar obrigatoriamente unha "memoria" das prácticas realizadas.
>> Tod@s terán que realizar un curso de galego para funcionarios en prácticas e outro de Igualdade, o CEFORE correspondente poñerase en contacto con cada persoa para indicar as datas de realización.