Prazo para acotar provincias para SUBSTITUCIÓNS


16 Xul, 2021

WEB - Apertura do prazo para realizar as solicitudes para prestar servizos nunha ou en varias provincias así como en determinados concellos

Os artigos 33 e 34 da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destinos provisionais establece que o persoal docente ao que fai referencia o punto décimo cuarto do Acordo do 20 de xuño de 1995, poderá optar durante os períodos máximo e mínimo previstos nel, por realizar substitucións nunha ou varias provincias (artigo 33) ou en concellos determinados (artigo 34).

A opción debe formularse na páxina http://www.edu.xunta.gal/substitutos e a solicitude, xunto coa documentación xustificativa, deberá presentarse nos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo comprendido entre o día 16 de xullo ata o 17 de agosto de 2021, ambos incluídos.

No caso de solicitude para prestar servizos en determinados concellos, é obrigatorio incluír na petición concellos nos que se impartan materias ou áreas ou módulos profesionais atribuídos á especialidade correspondente.

Calquera destas opcións será por todo o curso académico.