Prazo - do 15/07/2021 - 02/08/2021 para as persoas que non estean obrigadas a participar no concurso de adxudicación de destinos provisionais (CADP).
Documentación para a presentación
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do modelo oficial de solicitude segundo o anexo I que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/).
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiríraselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data da presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).