Bacharelato - ampliación materias de libre configuración


12 Xul, 2021

DOG ORDE do 8 de xullo de 2021 pola que se amplía a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes na etapa de bacharelato e se regula o seu currículo e a súa oferta.

O Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, tanto no artigo 13.3 e 13.4 como nos artigos 30.5 e 30.6 e 31.5 e 31.6, establece a posibilidade de que a consellería con competencias en materia de educación poida ofrecer materias de libre configuración autonómica elixibles polos centros docentes no horario establecido de libre configuración.

Artigo 2. Nova materia de libre configuración autonómica elixible: Iniciación á Intelixencia Artificial poderá ofrecerse no primeiro curso de bacharelato cunha carga horaria de dous períodos lectivos.

A materia de libre configuración autonómica deberá contar cun número mínimo de dez alumnos e/ou alumnas para ser impartida. Coa finalidade de atender a diversidade en ámbitos rurais, pequenos núcleos de poboación e/ou outras circunstancias que así o aconsellen, poderán impartirse con cinco alumnos e/ou alumnas, sempre con carácter extraordinario. Neste caso precisarase a autorización expresa da xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.