FP - instrucións para o desenvolvemento dos cursos de especialización


05 Xul, 2021

DOG RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos cursos de especialización de formación profesional no ano académico 2021/22 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Real decreto 1147/2011 dedica o capítulo IV do título I aos cursos de especialización e establece que terán por obxecto complementar as competencias das persoas que xa dispoñan dun título de formación profesional e, deste xeito, facilitar a aprendizaxe ao longo da vida. Así mesmo, recolle que versarán, dentro do seu mesmo nivel de formación, sobre os aspectos e as áreas que impliquen afondar no campo de coñecemento dos títulos de referencia ou ben unha ampliación das competencias que se inclúen nestes, e que o real decreto que regule o curso de especialización deberá especificar os títulos de formación profesional que dan acceso a este. A súa duración, con carácter xeral, estará entre 300 e 600 horas de formación e nalgúns cursos poderá incorporarase o módulo profesional de Formación en centros de traballo (FCT), que se axustará ao establecido para o módulo de FCT para os ciclos formativos de formación profesional.

Os cursos de especialización durante o curso académico 2021/22 realizaranse polo réxime ordinario, na modalidade presencial, aínda que parcialmente poderá realizarse utilizando instrumentos e ferramentas de formación a distancia.

1. Coa finalidade de facilitar a formación de persoas traballadoras ou con cargas familiares, os cursos de especialización impartiranse en horario de tarde e de noite.

2. A duración anual en horas e a distribución horaria semanal dos módulos profesionais dos cursos de especialización con oferta na Comunidade Autónoma de Galicia estarán dispoñibles no portal www.edu.xunta.gal/fp, na epígrafe «Currículos», «Cursos de especialización».