WEB - Novo prazo para a retirada das publicacións presentadas polo persoal participante nos concursos de traslados (do 20 ao 30 de xullo)
O persoal interesado deberá solicitar cita previa cun mínimo de 2 días de antelación a data na que se pretende retirar a documentación, enviando un correo electrónico ao seguinte enderezo: cxt.publicacions@edu.xunta.es
No correo que se envíe deberase indicar: *Corpo polo que participou, DNI, apelidos e nome, teléfono móbil e a data na que quere retirar a documentación.
No caso de que non sexa posible adxudicar a cita na data solicitada, enviarase un correo á persoa solicitante para que seleccione unha nova data entre as dispoñibles.
O novo prazo para retirar as publicacións será dende o día 20 ao 30 de xullo de 2021, (ambos os dous incluídos), en horario de 10.00 a 13.00 horas.
A recollida realizarase na Oficina de Información da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Edificio Administrativo San Caetano, s/n. 15781-Santiago de Compostela.