Este programa vai dirixido ao alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria, educación secundaria obrigatoria, formación profesional básica e 1º de bacharelato.
Os centros educativos solicitantes do programa PROA+ deberán acreditar unha porcentaxe mínima dun 30% de alumnado vulnerable no conxunto das etapas de educación infantil (2º ciclo), primaria e/ou secundaria obrigatoria.
- A solicitude de participación en ARCO será aprobada pola dirección do centro e polo consello escolar, de acordo coas súas competencias, e previa información ao claustro e será informada polo Servizo Territorial de Inspección Educativa correspondente a través da aplicación específica de programas educativos.
- A solicitude de participación no programa PROA+ deberá ser aprobada pola dirección do centro, polo consello escolar, de acordo coas súas competencias, e por un mínimo do 60% do profesorado do claustro, e ser informada polo Servizo Territorial de Inspección Educativa correspondente a través da aplicación específica de programas educativos.
O prazo de solicitude comezará ao día seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo (https://www.edu.xunta.gal/portal/) e rematará o 15 de xullo de 2021.