Concurso de Relixión 2020 - resolución provisional


10 Xun, 2021

WEBPublicación da resolución provisional do concurso de traslados entre profesorado de Relixión que presta servizos nos centros educativos dependentes desta consellería

O persoal concursante poderá presentar reclamación ás resolucións provisionais a través do órgano en que presentaron a súa instancia de participación no prazo de dez (10) días hábiles, do 11 ao 24 de xuño contados desde o día seguinte ao da publicación da adxudicación de destinos provisionais na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. 

Así mesmo, no mesmo prazo, o persoal participante poderá presentar renuncia a súa participación no concurso entendendo que tal renuncia afecta a todas as peticións consignadas na súa solicitude de participación. As persoas que desexen renunciar a súa participación no concurso, deberán realizar a renuncia aínda no suposto de que non obtiveran destino na resolución provisional, xa que,de non facelo, poderán obter destino na resolución definitiva.

Estas reclamacións ou renuncias presentaranse polos procedementos a que alude a base décimo primeira.

Resolución da Dirección Xeral

Anexo I - Baremo provisional do persoal participante neste concurso, primaria e secundaria

Anexo II- Publicación da adxudicación provisional de destinos, primaria e secundaria