Licenzas por formación para o funcionariado docente no curso 21/22


10 Xun, 2021

WEB - Resolución do 8 de xuño de 2021 pola que se convocan licenzas por formación para o curso 2021/22 destinadas ao funcionariado docente non universitario e se aproban as súas bases de concesión.

Prazo de inscrición ata o 25 de xuño (incluído)

Requisitos

As persoas candidatas á licenza por formación deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Persoal docente funcionario.

Estaren en situación de servizo activo e prestando servizos ininterrompidos durante os cursos 2019/20 e 2020/21, e no 2021/22 seguiren tendo destino e exercendo docencia directa con alumnado en centros docentes educativos dependentes da consellería.

Non teren destino en comisión de servizos durante o curso 2021/22, agás o profesorado destinado en centros de ensinanzas artísticas superiores, o persoal das escolas oficiais de idiomas e o que estea a gozar dunha comisión de servizos por conciliación da vida familiar e laboral ou por motivos de saúde.

b) Persoal en prácticas

O persoal en prácticas poderá solicitar unha licenza por formación en todo caso, pero non poderá gozar dela no período efectivo das prácticas.

c) Persoal interino.

Para estes efectos entenderase como profesorado interino unicamente aquelas persoas que teñan nomeamento como tal ata o remate do curso académico correspondente.

Máis información:

Mail: licenzas.fprofe@edu.xunta.gal

  • 881 99 76 35. Cuestións administrativas.

  • 981 52 24 11 (CAFI-Departamento Educación Dixital). Modalidades 1, 2 e 5.

  • 881 99 65 27. Modalidades 3, 4 e 6.

Servizo de Innovación e Formación dos Recursos Humanos

Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional

Consellería de Cultura, Educación e Universidade