Calendario Escolar para o curso 2021/22


04 Xun, 2021

DOG - ORDE do 19 de maio de 2021 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021/22 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.


Despois de insistir na MESA SECTORIAL e posterior reunión co Secretario Xeral de Educación e F.P, José Luis Mira Lema, vemos recollidas no DOG as nosas reivindicacións:
*Día 22 decembro NON LECTIVO*
*Périodo de adaptación infantil ata 21 de setembro* (Nós pediamos ata finais de mes).
*Carácter non voluntario do mesmo para as familias*

LIGAZÓN ao noso calendario
 

En educación infantil, educación primaria e educación especial, as actividades lectivas realizaranse do día 9 de setembro de 2021 ao 22 de xuño de 2022, ambos inclusive.

2. En educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional, as actividades lectivas realizaranse do día 15 de setembro de 2021 ao 22 de xuño de 2022, ambos inclusive. Non obstante o anterior, para o segundo curso de bacharelato a impartición efectiva de clases rematará de acordo coas datas previstas para a avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (en adiante, ABAU). Terán a consideración de días lectivos os dedicados á impartición efectiva de clases e aqueles que se dediquen á realización das probas e avaliacións finais das convocatorias ordinaria e extraordinaria.

3. Nas ensinanzas de réxime especial, as actividades lectivas realizaranse entre os días 15 de setembro de 2021 e 30 de xuño de 2022, de acordo cos calendarios de probas de acceso e probas de certificación establecidos para cada unha delas.

Artigo 6. Vacacións escolares

Os períodos de vacacións escolares no curso académico 2021/22 serán os seguintes:

– Nadal: desde o día 22 de decembro de 2021 ata o día 7 de xaneiro de 2022, ambos inclusive.

– Entroido: os días 28 de febreiro, 1 e 2 de marzo de 2022.

– Semana Santa: desde o día 11 ata o día 18 de abril de 2022, ambos inclusive.

Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos e que no curso 2021/22 se celebrará o 11 de outubro de 2021.