FP - Prazos para solicitar axudas para alumnado en FCT ou FP Dual


02 Xun, 2021

DOGORDE do 25 de maio de 2021 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual (código de procedemento ED202A).

1. Modalidade A. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao profesional básico, grao medio e grao superior de formación profesional inicial, cursos de especialización, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e programas formativos que realice a FCT ou a FP dual dentro do territorio español.

2. Modalidade B. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao profesional básico, grao medio ou grao superior de formación profesional inicial, cursos de especialización, de artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas que realice a FCT ou a FP dual fóra do territorio español co fin de mellorar as competencias lingüísticas e profesionais.

Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes:

1. O primeiro prazo, trinta e un (31) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, para o alumnado que realizase a FCT nos períodos outubro 2020-marzo 2021 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2021. Acollerase a este primeiro prazo o alumnado de FP dual. 

O alumnado a que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2021 e que anticipase o período de FCT non se acollerá a este primeiro prazo.

2. O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2021, para o alumnado de ciclos formativos que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2021. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2021. O alumnado que teña horario flexible con autorización da secretaría xeral e remate despois do 31 de decembro de 2021 acollerase á seguinte convocatoria de axudas.

 As solicitudes xunto co resto dos anexos requiridos serán facilitados ao alumnado polo centro educativo en que estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo ou FP dual. Toda esta documentación xerarase a través da aplicación informática www.edu.xunta.es/fct, polo que os anexos desta orde só serven para efectos informativos.

4. As solicitudes xunto co resto dos anexos só se poderán presentar no centro educativo onde o alumnado estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo ou a FP dual.