Axudas concedidas a proxectos de fomento do uso de galego


02 Xun, 2021

DOGRESOLUCIÓN do 21 de maio de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se conceden as axudas aos proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento PL500A).

Mediante a Orde do 23 de decembro de 2020 anúnciase a convocatoria de axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento PL500A) (DOG núm. 9, do 15 de xaneiro de 2021).

As axudas figuran como anexo a esta resolución, no cal se inclúe, por provincias, a relación de centros admitidos, coa indicación da puntuación concedida e do financiamento definitivo asignado a cada proxecto, así como a relación de centros excluídos, coa indicación das causas que determinaron a súa exclusión.