WEB - RECOÑECEMENTO DE NOVAS ESPECIALIDADES POLO PERSOAL FUNCIONARIO DE CARREIRA DO CORPO DE MESTRES
Durante o mes de xuño estará aberto o prazo para que o persoal docente funcionario de carreira do corpo de mestres que reúna os requisitos para a adquisición de novas especialidades establecidos no anexo do Real decreto 1594/2011, do 4 de novembro, polo que se establecen as especialidades docentes do corpo de mestres que desempeñen as súas funcións nas etapas de educación infantil e de educación primaria reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE núm. 270, do 9 de novembro) poida solicitar o recoñecemento de novas especialidades.
O prazo permanecerá aberto nesta convocatoria desde o 1 de xuño ata o 30 de xuño de 2021 de acordo coa disposición sétima da Orde do 23 de xuño de 2020 pola que se establece o procedemento de recoñecemento de especialidades do persoal funcionario de carreira do corpo de mestres (código de procedemento ED020A) publicada no Diario Oficial de Galicia nº 131, do 3 de xullo.
As solicitudes poderán cubrirse na páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos https://www.edu.xunta.gal/datospersoais e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Para calquera aclaración ou dúbida, o persoal docente pode poñerse en contacto co servizo:
Primaria:
Teléfonos:981 545 495 - 881 99 58 87 -981 544 487
Ou ben a través do correo electrónico persoal.primaria @edu.xunta.gal
Poden consultarse tamén máis abaixo a relación de preguntas e respostas máis frecuentes relacionadas coa alegación de méritos do persoal docente.
Primaria:
Teléfonos:981 545 495 - 981 544 487
Ou ben a través do correo electrónico persoal.primaria@edu.xunta.es