Resumo da Mesa Sectorial sobre Protocolo nas oposicións 2020


27 Mai, 2021

WEB Protocolo de adaptación á nova situación orixinada pola pandemia covid-19 para a celebración das probas dos procesos selectivos derivados das ofertas de emprego público docente dos corpos que imparten as ensinanzas reguladas na lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, da comunidade autónoma de Galicia.

LIGAZÓN ao RESUMO COMPLETO DA MESA SECTORIAL

 Como cuestión previa ao comezo da Mesa Sectorial, ANPE Galicia demanda a reunión inmediata tanto da Comisión de seguimento do Acordo de Interinos como da Mesa Sectorial para analizar o protocolo para o vindeiro curso escolar e poder facer unha previsión con tempo suficiente do número de vacantes que se deben ofertar no próximo CADP. 

ANPE Galicia considera que debe manterse todo o profesorado que aumentou durante o curso escolarque agora remata (máis de 2.500 profesores interinos máis que o curso inmediatamente anterior tal e como recolle o estudo realizado e publicado por ANPE Galicia) e tal e como recomenda o Ministerio de Educación.

Debe insistirse en que é fundamental, de cara a que os e as aspirantes se poidan organizar con tempo suficiente, coñecer o antes posible os lugares de actuación de cada tribunal así como a distribución dos aspirantes nos distintos tribunais. Hai que ter en conta que os procesos selectivos supoñen a mobilidade dun grande número de persoas con todo o que iso conleva a nivel organizativo (aloxamento, desprazamentos etc). Se nun ano normal ditas cuestións organizativas supoñen un esforzo engadido para o persoal aspirante, nas circunstancias actuais moito máis ao poder atoparse con limitacións no aforo de establecementos de hostalería e/ou en medios de transporte polo que é necesario dispor de maior tempo para poder organizar ditas cuestións.

ANPE Galicia, en contra da opinión manifestada por algunha organización sindical, tomou a decisión de non acudir este ano ás sedes de actuación dos tribunais como fixo noutras convocatorias a entregar información e/ou prestar axuda para non dificultar a entrada dos aspirantes e facilitar as tarefas dos tribunais. (A Administración resposta que NON se vai modificar o texto proposto no Protocolo polo que, NON se vai permitir a entrada de persoas alleas ao procedemento selectivo).

COMA SEMPRE, ESTAREMOS A DISPOSICIÓN TANTO DO PERSOAL OPOSITOR COMA DOS MEMBROS DOS TRIBUNAIS nas nosas sedes e poderedes contactar con nós por todos os canles á vosa disposición. Tamén estará dispoñible un TELÉFONO DE URXENCIAS.

A pesares destes difíciles momentos, ánimo e sorte! 

#AnpeContigo