Xulio Díaz, presidente de ANPE Galicia reúnese de novo co Secretario Xeral de Educación e FP


24 Mai, 2021

WEBANPE informa sobre a nova reunión co Secretario Xeral de Educación e FP 

Despois da recente reunión mantida hai uns meses co Secretario Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Educación, D. José Luis Mira Lema, o presidente de ANPE Galicia, Xulio Díaz mantivo unha nova reunión hai poucos días.
- En dita xuntanza transmitimoslle ao Secretario Xeral a preocupación pola inseguridade xurídica das Instrucións para a promoción e a titulación de Bacharelato e o recollido na Resolución do 18 de novembro de 2020 que entran en contradicción co establecido no Real Decreto Lei 31/2020 e que poderían motivar reclamacións ás cualificacións por parte dos pais e/ou titores legais do alumnado.
- Así mesmo, voltamos a demandarlle a convocatoria tanto da Mesa Sectorial de Educación como da Comisión de Seguimento do Acordo de Interinos para negociar o procedemento de integración do profesorado do corpo de Profesores Técnicos de Formación Profesional (declarado a extinguir pola LOMLOE) no corpo de Profesores de Ensino Secundario e a situación futura das listaxes de interinidades e substitucións das especialidades do corpo a extinguir.
- En relación ás recentes sentenzas que afectan ao proceso de acceso a Cátedras de Música e Artes Escénicas desde ANPE Galicia demandamos novamente que se cumpra a lei e se apliquen de xeito inmediato as sentenzas publicadas. En todo caso exiximos unha reunión co colectivo afectado e as organizacións sindicais para dar saída a un proceso que ten visos de enquistarse.
- Para finalizar tamén se trataron cuestións relativas á Orde do Calendario Escolar para o vindeiro curso 2021-2022 e que pasou recentemente pola Mesa Sectorial. Desde ANPE Galicia insistimos na petición efectuada pola nosa organización en dita Mesa para que se declare non lectivo o día 22 de Decembro e en que é fundamental revisar e modificar a redacción do artigo relativo ao período de adaptación do mes de setembro para o alumnado que comeza a etapa de Educación Infantil. ANPE Galicia considera fundamental que dito período de adaptación se extenda a todo o mes de setembro e que teña carácter non voluntario para as familias xa que entendemos que dito período é básico para garantir a correcta adaptación de todos os alumnos á súa nova situación escolar ao pretender suavizar a separación familiar no momento de comezar a escola, así como axudar a establecer, de maneira progresiva, os primeiros vínculos escolares do alumnado sen olvidar que favorece e permite que os titores e titoras realicen unha avaliación inicial, fundamental nesta etapa, para detectar posibles dificultades que poidan xurdir ao longo do curso.