No corpo de catedráticos de ensino secundario constituiranse catro tribunais.
O sorteo público terá lugar o día 3 de xuño de 2021, ás nove horas, na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. O sorteo poderá ser seguido, a través de medios telemáticos, polas organizacións sindicais con presenza na mesa sectorial docente non universitaria.
Cando sexa posible en función do número de catedráticos da especialidade, quedará excluído do sorteo o persoal funcionario de carreira do corpo de catedráticos que saíu no sorteo celebrado o día 29 de abril de 2021, para a constitución dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos de ingreso e acceso aos corpos docentes convocados pola Orde do 24 de febreiro de 2020.
O persoal aspirante que participa por máis dunha especialidade será avaliado polo tribunal correspondente á especialidade da praza da que é titular no curso académico 2020/21, trasladándose a puntuación a todas as especialidades polas que participa.