CADP 2021/22 - Apertura do prazo de solicitudes de non participación para persoal interino e substituto


18 Mai, 2021

WEB Apertura do prazo de solicitudes de non participación no concurso de adxudicación de destinos provisionais (CADP) para o curso 2021/22

De acordo co artigo 39.1 da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de Educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (Diario Oficial de Galicia n.º 113, do 14 de xuño), o persoal interino e substituto que se atope nalgunha das situacións recollidas no punto décimo cuarto da Resolución do 28 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade ao texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente desta consellería, poderá formular solicitude de non participación no concurso de adxudicación de destinos provisionais (CADP)

Lembramos que é un prazo para solicitar VOLUNTARIAMENTE (ninguén está obrigado a facelo) non participar no próximo CADP por estar nalgunha das casuísticas de renuncia recollidas no Acordo de interinos.

PRAZO: desde o 15 de maio ata o 31 de maio de 2021, ambos incluídos 

Na mesa sectorial de hoxe, dende ANPE: 

  • Solicitamos á Consellería que anuncie a apertura do prazo para non participar no CADP que segundo o artigo 39.1 da Orde do 7 de xuño de 2018 é do 15 ao 31 de maio polo que, tendo en conta que os días 15, 16 e 17 foron inhábiles, debería dar comezo hoxe 18 de maio.

LIGAZÓN ao CADP