Reunión de seguimento da campaña de vacinación do profesorado galego


07 Mai, 2021

WEBREUNIÓN CAMPAÑA PLAN DE VACINACIÓN DO PROFESORADO GALEGO 

- A Directora Xeral de Saúde Pública comunica que o luns 10 de maio finalizará a vacinación da pobación maior de 60 anos polo que, segundo a Estratexia de Vacinación Nacional, podérase retomar a vacinación de colectivos esenciais de menos de 60 anos con Pfizer ou Moderna. A vacinación incluirá tamén a persoal de comedores escolares. A previsión é que a finais de curso estea rematada a vacinación do persoal docente.
- Con respecto á segunda dose do profesorado xa vacinado: para o profesorado menor de 60 anos a Comisión Nacional, coa oposición de Galicia, decidiu agardar un mes máis e adiar as 12 semanas iniciais ata cumprir as 16 semanas. Mentras que o profesorado maior de 60 anos recibirá a segunda dose no prazo de 12 semanas desde a primeira dose con AstraZeneca. 

ANPE Galicia manifesta a súa queixa pola falta de decisión respecto á segunda dose dos menores de 60 anos e esixe que se aplique con AstraZeneca como recomenda tanto a OMS como a AEM. Tamén solicita que se incorpore aos listados de vacinación ao profesorado en IT e as incidencias producidas anteriormente para que poidan ser vacinados o antes posible. Dende a Consellería voltaron a dicir que retomarán o envío de listados actualizados á Consellería da Sanidade.

A Directora Xeral de Saúde Pública confirma que, tal e como solicitou ANPE Galicia, darán instrucións ás áreas sanitarias para flexibilizar o horario de vacinación do profesorado que se presente aos procesos selectivos no caso de que lle coincida con algunha proba. Haberá coordinación entre Sanidade e Educación.