Concurso de méritos para selección e nomeamento da DIRECCIÓN de centros educativos


30 Abr, 2021

DOGORDE do 21 de abril de 2021 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

O prazo de presentación de solicitudes e documentación será de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

- Ser persoal funcionario de carreira

- Ter unha antigüidade de polo menos cinco anos como persoal funcionario na función pública docente

- Ter exercido funcións docentes como persoal funcionario, durante un período de, polo menos, cinco anos, nalgunha das ensinanzas das que ofrece o centro ao que se opta

- Posuír unha certificación acreditativa de ter superado un curso de formación sobre competencias para o desenvolvemento da función directiva (estarán exentas de acreditar a superación deste programa de formación sobre o desenvolvemento da función directiva as persoas que acrediten unha experiencia de, polo menos, catro anos no exercicio da dirección de centros docentes públicos con avaliación positiva do seu traballo).

- Presentar un proxecto de dirección (non excederá os 30 folios DIN A4, nun tipo de letra: Times New Roman, tamaño de letra: 12, espazo entre liñas: 1,5)

A solicitude de participación no concurso de méritos dirixirase á Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da provincia correspondente, e poderase imprimir e descargar unha vez formalizados os datos de participación no concurso a través do enderezo web www.edu.xunta.gal/cxt (anexo III).