WEB - ANPE INFORMA da REUNIÓN DE SEGUIMENTO DA CAMPAÑA DE VACINACIÓN DO PROFESORADO
#vacinación #covid19
A Directora Xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, indica que con respecto á segunda dose daquelas persoas vacinadas con AstraZeneca a Axencia Europea do Medicamento é clara no senso de que hai que aplicar a segunda dose con AstraZeneca, pero de momento non hai decisión estatal tomada ao respecto.
Barállanse tres escearios posibles: non aplicar segunda dose, aplicar segunda dose de AstraZeneca ou aplicar segunda dose con outra vacina.
Agardase unha reunión a nivel estatal esta mesma tarde.
O número de suministración de vacinas, segundo o Ministerio, multiplícarase por dous no mes de maio.
O SERGAS está arranxando con MUFACE as problemáticas con esta mutualidade (tanto no tema dos casos de mutualistas maiores sen vacinar como no tema dos cribados e a certificación de vacinación que serán accesibles para tod@s)
Desde ANPE Galicia trasmitimos á Directora Xeral que o número facilitado para comunicar incidencias non é operativo ao 100% e que queda profesorado pendente de vacinar por distintas incidencias (liberados sindicais, incorporacións de IT, etc )que todavía non tiveron resposta ás mesmas. Desde ANPE aconsellamos enviar a incidencia por mail á Dirección Xeral de Saúde Pública.
A foto fixa da situación actual da vacinación xeral é a seguinte:
- Galicia está seguindo o establecido na Estratexia Estatal de Vacinación o que supón, segundo denunciou ANPE hai uns días, a detención da vacinación de colectivos esenciais.
- Neste intre a prioridade é a vacinación da poboación xeral maior de 60 anos na que tamén entrarían os docentes.
- O colectivo de 60 a 69 está a recibir AstraZeneca (xa que esta vacina só se pode aplicar en España a esta franxa de idade), o resto están a recibir Pfizzer, Moderna ou Jansen. Con esto o proceso de reanudación da vacinación ao persoal de colectivos esenciais pendentes faise máis dificultoso ao depender da chegada dunha maior ou menor cantidade dunha vacina ou doutra, polo que non dan ningunha data de referencia.