WEB - ANPE informa de como facer a enmenda á solicitude de participarción no proceso selectivo de acceso aos diferentes corpos docentes.
OPOSICIÓNS 2020 - Listas provisorias de admitidos e excluidos nos diferentes corpos de acceso
- O prazo de reclamacións comeza o 20 de abril e REMATA o luns, 26 de abril.
- Como facer a enmenda se figuras como excluido ou non apareces:
Accede a sede electrónica da Xunta de Galicia: LIGAZÓN
1.- Preme o botón A miña sede e identifícate
2.- Localiza a túa solicitude de participación no apartado de Expedientes e preme no botón Acción: Emenda o requirimento
3.- Cubre o documento nos diferentes apartados indicando que documentación xustificativa se achega e no seguinte paso achega a documentación
4.- Finaliza a presentación seguindo as indicacións da sede e garda o recibo xustificativo da presentación.
5.- No suposto de figurar incorrectamente como NON EXENTO/A da proba de coñecemento de lingua galega debe formular do mesmo modo a reclamación e achegar o documento xustificativo.
Se non figura nas listaxes, deberá empregar a solicitude xenérica (PR004A) que poderá atopar na sede electrónica da Xunta de Galicia.
No suposto de que teñas que emendar o pagamento das taxas poderás realizalo na Oficina Virtual Tributaria de modo telemático LIGAZÓN
Para calquera dúbida, contactade con nós polos canles dispoñibles (teléfono, whatsapp ou correo electrónico)