Convocatoria para a incorporación de novas Seccións Bilingües


05 Abr, 2021

DOGRESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se fai pública a convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sustentados con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2021/22.

Primeiro. Que a regulación e convocatoria de incorporación de novas seccións bilingües para o curso 2021/22 estará dispoñible no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade http://www.edu.xunta.gal/portal.

Segunda. Que os centros que desexen impartir o programa de seccións bilingües deberán facer a correspondente solicitude en liña completando o formulario electrónico dispoñible na aplicación á que se accede no enlace http://www.edu.xunta.es/programaseducativos. Acceso á aplicación informática

Terceira. Que o prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 31 de maio de 2021.

Resolución do 23 de marzo de 2021