WEB - A Consellería informa ás direccións dos centros como proceder para retomar a vacinación dos docentes pendentes.
Van proceder a unha revisión e actualización da situación en todos os centros educativos. O formulario de recollida de datos estará dispoñible desde o día 25/03/2021 ata o 28/03/2021, ámbolos dous incluídos. Só poderá facerse un único envío por centro educativo.
Deberase ter en conta:
• Que persoa ou persoas do persoal do centro que desexan ser vacinadas, non o foron aínda nin están citadas para a vacinación.
• Deberán incluír a aquel persoal docente e non docente do centro que atenda as ensinanzas de réxime ordinario ou especial (non actividades extraescolares, complementarias ou de verán) así como aquel que atenda o comedor que dependa directamente do centro educativo. Tamén ao persoal auxiliar de conversa. Cando o persoal corresponda a empresas externas subcontratadas deberá facelo constar na pregunta correspondente.
• Deberase incluir a todas as persoas que se atopen nestes supostos independentemente de que comunicara a incidencia con anterioridade.
• No caso de centros que conten con persoal de concellos, este persoal deberá incluírse tamén
• Non se deben incluir as persoas que foron citadas e ás que, nesta cita, os servizos sanitarios lle indicaron que deberá esperar un tempo por ter padecido recentemente a Covid-19. As autoridades sanitarias artellarán os procedementos para a vacinación destas persoas segundo avance o proceso e de acordo coas estratexias de vacinación en curso.
• Tampouco aquelas persoas ás que, ben na cita, ou ben no seu servizo sanitario de referencia, se lles indicou que deben ser vacinadas cunha vacina diferente tal como Pfizer ou Moderna. A xestión da vacinación de persoas de 65 anos ou menos con esas vacinas corresponden aos servizos sanitarios e non forman parte deste proceso.
• Non se incluirá o persoal de comedores de xestión indirecta.
• Non se incluirá ao alumnado en prácticas e persoal voluntario.
Posteriormente, unha vez completada esta fase do proceso de vacinación, volverán recollerse as incidencias que xurdiran.