WEB - REUNIÓN SEMANAL de seguimento do PLAN DE VACINACIÓN do colectivo docente contra a COVID-19
1. INCAPACIDADES TEMPORAIS DE LONGA DURACIÓN.
A Directora Xeral de Saúde Pública aclara que o profesorado en IT vacinarase, tal e como se indicou no seu momento, no momento en que se incorpore ao centro xa que o criterio de priorización (necesario porque non hai vacinas neste intre para toda a poboación) establecido por Sanidade (tanto a nivel Ministerio como a nivel autonómico) é vacinar aos contactos directos co alumnado nos centros educativos. Se chegado o momento da vacinación xeral do seu grupo de idade continuasen de baixa médica serán vacinados nese intre.
Debe manterse a tranquilidade e transmitirse a idea de que TODO O MUNDO VAI A SER VACINADO, isto é un proceso dinámico, pero que é necesario establecer unha priorización baseada en criterios médicos e sanitarios.
2. DOSES
A Directora Xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, confirma que o SERGAS está a traballar con listados especulares para a suministración da segunda dose da vacina. Iso quere dicir que todas aquelas persoas que recibiron xa a primeira dose serán chamados dentro do plazo que corresponde para a segunda dose en función do día no que recibiron a primeira. De este xeito, tranquilizamos a todos e todas as docentes asegurando que recibirán a segunda dose no momento que lles corresponde segundo a vacina que lles foi suministrada.
2. INFORMACIÓN DENDE A REUNIÓN DO CONSELLO ESCOLAR DE GALICIA
Ante a cuestión plantexada por ANPE sobre como sería a TEMPORALIZACIÓN da vacinación nos DOCENTES maiores de 55 anos que son os que nos afectan, o Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña respostou que segundo vaian recibindo as vacinas de Pfizer, Moderna ou AstraZeneca, estos serían os criterios:
1º Grupo 5A: maiores de 80 anos
2º Grupo 5B: 70 a 79 anos
3º Grupo 5C: 60 a 69 anos (xa entraría parte do profesorado)
4º Grupo de 55 a 60 cos docentes incluidos
Non descartan a chegada de máis vacinas, dependendo de cal sexa (recordamos que os maiores de 55 anos son vacinados coa de Pfizer ou Moderna), a idea sería vacinar aos grupos que vaian quedando incompletos. As incidencias de menores de 55 seguiranse solventando a medida que se produzan.