Inicio do prazo de solicitude de admisión nos centros escolares


01 Mar, 2021

WEB - Do 1 ata o 22 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2021/22, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, de Educación Primaria de ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

As solicitudes de admisión poderán presentarse tanto de xeito telemático na aplicación ‘AdmisionAlumnado’ (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) como de xeito presencial nos centros escolares que se elixan como primeira opción.

A publicación das listas provisionais de persoas admitidas e non admitidas publicaránse antes do 25 de abril, e as definitivas antes do 15 de maio. Posteriormente abrirase o prazo de fomalización de matrícula, que será do 20 ao 30 de xuño para alumnado de Infantil e Primaria, e do 25 de xuño ao 10 de xullo para o de ESO e Bacharelato. Estes últimos contarán, ademais, cun prazo extraordinario de matrícula entre o 1 e o 10 de setembro.

Tal como quedou establecido no sorteo público que tivo lugar o pasado xoves na Consellería de Educación, en caso de empate de puntos para unha mesma praza, as letras de prioridade establecidas neste sorteo foron “W” e “S” para o primeiro apelido e “B” e “F” para o segundo.

12/03/2013 DOG - ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.