WEB - ANPE informa que tras a reunión da Comisión de seguimento do acordo de interinos entre a administración e as organizacións sindicais ANPE, CCOO, CSIF e UXT asinantes do acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regula o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, acordamos engadir unha disposición transitoria ao citado acordo:
"Tendo en conta a situación epidemiolóxica motivada pola COVID-19 e as recomendacións das autoridades sanitarias decidimos que o persoal interino e substituto que non se presente ós procedementos selectivos a celebrar en xuño de 2021, NON SERÁ SANCIONADO COA SÚA EXCLUSIÓN DAS LISTAS de substitución".