Resumo Mesa Sectorial OPOSICIÓNS 2020 - modificación da orde de convocatoria


02 Mar, 2021

WEB - Resumo COMPLETO da Mesa Sectorial do 02/03/2021

  • ANPE demanda na Mesa Sectorial a creación dun protocolo específico ANTICOVID para as oposicións onde se recollan pautas de actuación en caso de detección de positivos, materiais de protección, limpeza das sedes, dotación de materiais axeitados para un proceso selectivo nas sedes de actuación dos tribunais, etc). A Consellería confirma a elaboración dun protocolo para o que se compromete a reunirse coas organizacións sindicais.
  • Tamén demandamos a creación dunha plataforma dixital de comunicación áxil e dinámica entre aspirantes e tribunais que facilite o seguimento do proceso.
  • Consideramos que debe elaborarse unha certificación para xustificar os desprazamentos dos aspirantes no caso de que no momento da celebración dos procesos selectivos estean vixentes restriccións de mobilidade.
  • Insistimos, como vimos facendo nos últimos anos, en que a Admistración educativa debe velar por un verdadeiro concurso-oposición dando relevancia e valor á fase de concurso para que non quede nunha mera reordenación de aspirantes seleccionados.
  • Proba de castelán: 22 de maio ás 17 horas
  • Proba de galego: 22 de maio ás 18 horas
  • O procedemento selectivo dará comezo coa realización da primeira parte da primeira proba os días 19, 20, 23, 24 e 25 de xuño de 2021 segundo a especialidade e tribunal polo que se participe.
  • Aquelas persoas aspirantes que non poidan realizar a primeira proba por razóns de maternidade/illamento/corentena poderán realizala o día 10 de xullo de 2021
  • Os mestres xa elexiron a sede de examen na matrícula, para o resto as sedes posibles serían: ademáis das 7 grandes cidades, Culleredo, Oleiros, Narón, Foz, Sarria, Vilalba, Viveiro, Carballiño, Ribadavia, Allariz, Vilagarcía de Arousa, Lalín, Porriño e Cangas. Unha mesma especialidade estará nunha única localidade. 

ORDE do ...de ..... de 2021 pola que se modifica a Orde do 24 de febreiro de 2020 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso aos diferentes corpos da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).