Contra esta relación definitiva de proxectos admitidos e excluídos, que pon fin á vía administrativa, os centros educativos solicitantes poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Consellería de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta listaxe na páxina web http://www.edu.xunta.gal/fp, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso- administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Premios a proxectos de innovación na FP 2021