FP - convocatoria de probas para obtención de carnés e habilitacións profesionais


19 Feb, 2021

DOGORDE do 11 de febreiro de 2021 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2021 (código de procedemento ED527A).

Artigo 8. Prazo de presentación de solicitudes

1. Para a primeira convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 22 de febreiro ao día 8 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.

2. Para a segunda convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 21 de xuño ao día 5 de xullo de 2021, ambos os dous incluídos.

As persoas aspirantes deberán solicitar a súa admisión ás probas mediante solicitude, segundo o modelo que gura no anexo I (código de procedemento ED527A) desta orde. No caso de teren interese na obtención de máis dun carné profesional ou habilitación profesional presentarán unha solicitude por cada un deles, xunto coa correspondente documentación xustificativa.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexis- tros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 7. Taxas

1. Xunto coa solicitude deberase presentar xustificante para a Administración do impreso correspondente de autoliquidación de taxas (importe de 40,77 euros), validado pola entidade bancaria onde se realice o ingreso. O modelo de impreso, así como os datos e os códigos que se deben indicar, son os seguintes:

Modelo A.

Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Código 07.

Delegación de Servizos Centrais. Código 13.

Servizo de Xestión da Formación Profesional. Código 03.

Taxa. Denominación: capacitación profesional para o exercicio de actividades en materia de industria. Código 320701.