OPOSICIÓNS 2020 - ANPE e o resto de OOSS solicitan mesa sectorial para clarificar o seu desenvolvemento


15 Feb, 2021

WEBANPE e o resto de organizacións sindicais con presenza na Mesa Sectorial Docente non Universitaria (CIG-Ensino, CCOO-Ensino, ANPE e FeSP-UGT) solicitan Mesa Sectorial  para negociar e clarificar todas as cuestións referidas ao desenvolvemento dos procesos selectivos da OPE de 2020.

Dada a proximidade da celebración dos procesos selectivos de ingreso e acceso á función pública docente correspondentes á OPE do ano 2020 e a situación creada pola pandemia da COVID 19, estase a xerar unha situación de incerteza sobre como se vai a artellar a celebración do proceso e as condicións de celebración do mesmo.

Compre negociar e clarificar todas as medidas tanto sanitarias como organizativas a tomar para un correcto desenvolvemento do mesmo e que o persoal participante poida saber con suficiente tempo de antelación como se van a realizas as probas.