Confección de nóminas do persoal da administración galega para 2021


15 Feb, 2021

DOG ORDE do 8 de febreiro de 2021 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2021.

Con efectos económicos do 1 de xaneiro de 2021, os/as funcionarios/as públicos/as que desempeñen postos de traballo para os cales o Consello da Xunta de Galicia aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, percibirán as retribucións básicas, o complemento de destino e as pagas extraordinarias correspondentes aos meses de xuño e decembro nas contías que se detallan nos anexos II.

As contías das retribucións do persoal docente non universitario establecidas polos acordos do Consello da Xunta de Galicia do 16 e do 23 de xaneiro de 1992, do 27 de xullo de 2006, do 13 de setembro de 2018 e polo Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo, son as que se reflicten no anexo V desta orde. Así mesmo, mediante o Decreto 120/2002, do 22 de marzo, regúlase a consolidación parcial do complemento específico dos directores dos centros escolares públicos. A porcentaxe de consolidación relaciónase no citado anexo V.

 

ANEXO II: Pagase Extraordinarias

Retribucións básicas        Trienio                     Paga extraordinaria dos meses de xuño e decembro

A1: 1.214,39                     46,74                         749,38          28,85

A2: 1.050,06                     38,12                         765,83          27,79

 (ANPE esixe AS PAGAS EXTRAS DOBRES  coma no 2009)

ANEXO V: Soldos

Inspectores/as de educación, profesorado dos centros de ensino básico, bacharelato, formación profesional, ensinanzas artísticas e idiomas.

ANEXO VI: Desconto mutualidade

Cotas mensuais de cotización á Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado correspondente ao tipo do 1,69 %. Nos meses de xuño e decembro aboarase para todos/as os/as funcionarios/as cota dobre, agás nos casos previstos no punto terceiro, número 3, desta orde. ( para a atención sanitaria)

Cotas mensuais de dereitos pasivos dos/das funcionarios/as civís do Estado, correspondentes ao 3,86 % do haber regulador. Nos meses de xuño e decembro aboarase para todos/as os/as funcionarios/as cota dobre, agás nos casos previstos no punto cuarto, número 3, desta orde. (para a xubilación)