A Xunta de Persoal Docente da Coruña denuncia a deixadez de funcións do Xefe Territorial


10 Feb, 2021

WEB - O Xefe Territorial da Consellería de Educación na Coruña négase a ter reunións presenciais cos representantes do profesorado (7 persoas), mentras o profesorado está co seu alumnado todos os días, independentemente da súa situación.

Dende ANPE, como membro da Xunta de Persoal, denunciamos o que consideramos unha deixadez de funcións pola falta de reunións para tratar os temas que afectan aos docentes neste momento particularmente  complicado. Ademáis, esta liña de actuación impediu a negociación de vacantes do Concurso Xeral de Traslados como é preceptivo mentras si se levaron a cabo no resto de provincias.

Esta situación de bloqueo debe ser coñecida tanto polos docentes como por os responsables da Consellería de Educación.

LIGAZÓN ao ESCRITO de DENUNCIA