Interinidades no exterior - prórroga de listas e presentación de novos méritos para Francia



WEB - Mantéñense os aspirantes relacionados neses corpos e especialidades sempre que á data do 30 de xuño de 2021 non decaeran no dereito de permanecer nas listas, de acordo cos criterios de permanencia nas listas previstos na base Undécima da Convocatoria para o curso 2020-2021.

Os aspirantes que forman parte da actual lista de interinos da convocatoria para o curso 2020-2021 non necesitarán presentar instancia de solicitude de permanencia nin acreditar novamente os méritos xa entón alegados e xustificados. Os aspirantes que o desexen poderán achegar unicamente os méritos que fosen perfeccionados con posterioridade ao 19 de febreiro de 2020 (data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e documentación da Convocatoria para o curso 2020-2021), conforme ao Anexo I da devandita Convocatoria, sempre que non obtivesen a puntuación máxima do correspondente apartado ou subapartado. Estes méritos achegaranse á súa solicitude electrónica. En ningún caso será tido en conta ningún mérito perfeccionado con anterioridade ao 20 de febreiro de 2020.

Prazo de presentación do 5 ao 18 de febreiro ás 14 horas

Presentación da solicitude só por vía electrónica, a través do enlace superior.

Máis información