ANPE esixe adopción de medidas que garanticen a seguridade nos centros


06 Feb, 2021

WEBANPE esixe a actualización dos protocolos covid e a adopción de medidas que garantan a seguridade nos centros educativos, e que se priorice aos docentes na segunda fase de vacinación ao ser considerados como persoal de actividade esencial

Os docentes esixen políticas concretas e actualizadas para evitar os contaxios e que os centros educativos sexan lugares seguros fronte ao covid. Mentres as autoridades políticas e sanitarias de todos os ámbitos territoriais adoptan medidas todas as semanas para evitar contaxios, ningunha medida vai dirixida aos centros educativos manténdose intactos os protocolos de principio de curso.

Desde ANPE sempre nos manifestamos partidarios de manter o ensino presencial para todo o alumnado, porque ter as aulas abertas asegura a equidade e calidade na educación, pero iso si, sempre que se faga cunha avaliación constante, e unha actualización e adecuación das medidas hixiénico-sanitarias e de seguridade adaptadas ao contexto ao que nos estamos enfrontando actualmente. Apostar polo ensino presencial ten que ser plenamente compatible con esixir que non se poña en perigo a saúde de profesorado e da comunidade educativa.

Para ANPE algunhas das medidas que habería que poñer en marcha serían:

  • Comunicación inmediata de situacións de risco e aplicación inminente do protocolo de prevención que debe incluír: confinamento, probas de PCR ou de antíxenos para todas as persoas afectadas, e estudos e probas para determinar a situación inmunolóxica do profesorado e descubrir casos asintomáticos.
  • Priorizar ao colectivo docente e persoal de servizo dos centros educativos na seguinte fase da campaña de vacinación contra o COVID-19. Este persoal considérase esencial e ademais está exposto a un número elevado de contactos diarios en lugares pechados. En caso de non poder atenderse esta demanda, ANPE esixe que como mínimo, que se priorice na segunda fase da campaña de vacinación, ao profesorado e ao resto da comunidade educativa que teña a consideración de ser vulnerable ante o covid ao presentar algún tipo de patoloxía previa.
  • Un Plan de Supervisión de ventilación das aulas realizado por persoal técnico cualificado nas medicións de CO2, o reforzo dos sistemas de calefacción nos centros educativos, e a instalación de medidores de CO2 e de purificadores de aire con filtro HEPA en todas as aulas.
  • Plans de dixitalización en todos os centros. O profesorado ten que contar cos medios tecnolóxicos e as plataformas dixitais en pleno funcionamento e sen incidencias. É fundamental que as administracións educativas se cercioren diso.
  • A subministración de máscaras FPP2 para todo o profesorado.
  • Vixilancia e asesoramento a todos os centros educativos por parte de persoal técnico do Servizo de Prevención de Riscos para valorar e resolver as cuestións concretas que se expoñan en cada situación.
  • Redución de RATIOS e aplicación de desdobres habilitando os recursos humanos e materiais necesarios.
  • Incorporación de persoal de apoio para entradas, saídas, recreos e lavado de mans.
  • Adaptación dos currículos e as programacións dos cursos, áreas e materias para prestar especial atención aos saberes e competencias fundamentais mentres nos atopemos en época de pandemia.

Non nos cansaremos de recoñecer e agradecer o gran traballo e esforzo que están a realizar os docentes nos centros educativos a pesar da adversidade das circunstancias.

Ante esta situación tan inédita e excepcional e ante un futuro cada vez máis incerto, ANPE fai un chamamento ao Ministerio para que exerza este labor de coordinación e liderazgo e que xunto ás Consellerías de Educación actualicen os protocolos COVID aprobados o pasado mes de Setembro para adaptalos á nova realidade da pandemia, de modo que, xunto ás medidas académicas necesarias extremen as precaucións e prioricen a seguridade física e sanitaria do alumnado, o profesorado e todos os integrantes da comunidade educativa.