Relación provisional de persoas admitidas e excluídas da lista de MÁQUINAS, SERVIZOS e PRODUCIÓN


02 Feb, 2021

WEBResolución do 2 de febreiro de 2021 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de máquinas, servizos e produción (591210).

Resolución provisional

De acordo co disposto na base sexta da convocatoria pola que se acordou a apertura do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións, as persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, no prazo de tres (3) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no citado portal da Internet. Tal e como se indica na dita base sexta a presentación das alegacións e documentación que proceda deberá realizarse electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia LIGAZÓN  na que está dispoñible o modelo de “emenda ao requirimento”.

Baremo provisional

Resolución provisional de persoas excluídas