OPOSICIÓNS 2020 - inicio de matrícula con instrucións so para as especialidades de PTFP


27 Xan, 2021

WEB - OPOSICIÓNS 2020. Matrícula do 26 de xaneiro ata o 15 de febreiro  

LER DETIDAMENTE  as INSTRUCIÓNS para CREAR UNHA SOLICITUDE : ENLACE para realizar a matrícula

É obrigatorio que a solicitude se presente electronicamente a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

PAGO DE TAXAS -No suposto de que por algún erro deba formular unha nova solicitude pola mesma especialidade e corpo non terá que efectúar un novo pagamento. Soamente terá que cubrir de novo a solicitude e presentala na sede electrónica sen realizar o paso de pago de taxas.

Que documentación debo presentar?

1. No caso de non dispor do título, certificación académica oficial que acredite que se realizaron todos os estudos para a obtención deste xunto co recibo acreditativo conforme se efectuou o pagamento correspondente dos dereitos de expedición. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá presentarse a credencial da súa homologación ou ben a credencial de recoñecemento da titulación para exercer a profesión de profesor de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanza de idiomas, mestre en educación primaria ou en educación infantil.

Deberán achegar o título aquelas persoas que posúan o título de mestre/a de ensino primario, diplomatura en profesorado de educación xeral básica, mestre/a ou grao de mestre/a en educación primaria e aqueloutras persoas que posúan unha titulación de licenciatura ou enxeñería nos que se requira unha especialidade para formar parte das listas para cubrir interinidades ou substitucións. 

Ademais do anterior, se no título non consta a especialidade e, de ser o caso, o idioma estranxeiro deste, deberán achegar a certificación académica persoal.

Así mesmo, aquelas persoas graduadas en educación primaria que obtiveran unha mención nunha Universidade distinta da que obtiveron o título, e aleguen esta mención para a súa inclusión nas listas de interinidades ou substitucións deberán achegar certificación académica oficial expedida pola Universidade acreditativa da obtención da mención.

2. CAP ou Máster para a docencia.

3. Documentación acreditativa do coñecemento da lingua galega.

 

 

 

Para calquera dúbida ou consulta, contacta con nós nas diferentes SEDES de Galicia por teléfono, whatsapp ou mail 

 

 ORDE do 24 de febreiro de 2020 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso ao diferentes corpos da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A)