O aumento de casos positivos nos centros educativos dende o venres dannos a razón


12 Xan, 2021

WEB - As estatísticas publicadas na web da Consellería corroboran o aumento de casos positivos nas aulas galegas e que a petición de ANPE de adiar a volta ás aulas despois das vacacións do Nadal nun día atendía a criterios sanitarios.

Por desgracia, os números dannos a razón e, tras coñecer as estatísticas dos dous primeiros días de clase, os casos aumentaron nun 20%.

O 19 de de decembro había contabilizados 846 casos positivos, o venres 8 de xaneiro aumentaron a 1033 e o luns subiron ata os 1226.
Casi 200 positivos máis DETECTADOS que pulularon polos centros educativos galegos por "conciliar" en vez de aterse a criterios sanitarios, pero parece ser, que para a administración galega este aumento non é significativo.

Datos colgados na web da Consellería: