Feijoo denega a incorporación de persoal de enfermería aos centros educativos


02 Xan, 2021

WEBFeijoo non considera prioritario a incorporación de persoal de enfermería aos centros educativos galegos. 

 A finais de setembro o presidente de ANPE Galicia, Julio Díaz, enviou unha carta ao Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, solicitando a inclusión de persoal de enfermería nos centros educativos galegos, e a súa contestación a través do Conselleiro de Sanidade foi que non se consideraba prioritario. 

Desde ANPE podemos entender que os recursos finitos deben priorizarse naqueles espazos onde se da a maior emerxencia e necesidade sanitaria, pero tanto os docentes que atenden ao alumnado con necesidades específicas, como as súas familias sabemos que nin a atención primaria nin o programa de Alerta Escolar permiten unha correcta integración do menor con patoloxías crónicas ou eventual alteración da súa saúde. De feito o programa Alerta Escolar está para solventar emerxencias non para dar resposta as múltiples necesidades dun neno con Diabetes, cun implante auditivo, con epilepsia, reincorporado dun cancro etc.  Por unha banda, os docentes nin estamos formados para elo nin é unha función da nosa competencia e, por outra, as familias teñen dificultades para conciliar por estes motivos. 
A atención primaria, ten múltiples funcións e desde ANPE cremos que da un grande servizo á sociedade, pero ten xa suficientes tarefas asignadas, eles non dan resposta a Educación Sanitaria que debería ofrecerse na escola así como, a atención profesional para estes casos que coa nova lei educativa veranse incrementados. 
Desde ANPE  seguiremos insistiendo na necesidade e funcionalidade deste perfil. É unha magoa que Galicia non dispoña deste servizo como xa o teñen noutras comunidades autónomas.

 ENFERMEIR@ ESCOLAR XA!!!

Consulta os escritos:

*** ANPE - Solicitude de enfermeir@ escolar  nos centros educativos 

***  Contestación do Conselleiro de Sanidada Xunta de Galicia