O Conselleiro di NON á proposta de ANPE de adiar á volta ás aulas ó 11 de xaneiro


20 Dec, 2020

WEBA noticia do Conselleiro sobre a volta ás aulas despois das festas de nadal ratificando ou dia 8 que establece o calendario escolar, confírmanos que o lema da Consellería  "Volvamos á escola con sentidiño" non se aplica en todos os casos.

ANPE segue a manter a súa proposta de adiar a volta aos centros educativos do venres 8 ao luns 11.

Ante a negativa do responsables galegos, dende ANPE insistimos en que é unha medida sanitaria que o Comité Clínico non debería descartar e ver como vai evolucionando a situación durante as festas e se despois da fin de ano aumentaran os casos, deberían ATRASAR a volta ás aulas ao dia 11, e nese caso ademáis recomendaríamos que se fixera unha proba PCR ao profesorado para unha volta segura ás aulas. Dita medida xa foi aprobada noutras comunidades.

Ao noso xuizo, alegar problemas de conciliación como fixo o Conselleiro, non é unha resposta “idónea” a un problema sanitario de tal magnitude. Antes está a saúde de preto de medio millón de persoas que conviven nos centros educativos. Para ANPE  non debe poñerse por diante da saúde, as posibles distorsións familiares.

Onde está a máxiima do "SENTIDIÑO"?  Estamos a falar de 1 DÍA SEN CLASE, pero tres sen contacto.