Relación provisional de persoal admitido e excluido da lista de MECANIZADO e MANTEMENTO DE MÁQUINAS


03 Dec, 2020

WEB - Resolución do 3 de decembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de mecanizado e mantemento de máquinas (591211).

Resolución provisional.

De acordo co disposto na base sexta da convocatoria pola que se acordou a apertura do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións, as persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, no prazo de tres (3) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no citado portal da Internet. Tal e como se indica na dita base sexta a presentación das alegacións e documentación que proceda deberá realizarse electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia LIGAZÓN na que está dispoñible o modelo de “emenda ao requirimento”.

Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado noparágrafo anterior.

Baremo provisional.

Relación provisional de persoas excluídas.

LIGAZÓN ás LISTAS