WEB - Resolución pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión católica, no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, nos centros docentes públicos que dependen desta consellería. (702400) (código de procedemento ED003A)
Prazo de presentación de solicitudes: do xoves día 3 de decembro ata o día 17 de decembro de 2020, ambos incluídos.
Resolución do 1 de decembro de 2020
Impreso de autobaremación méritos
Como cubrir a solicitude de inscrición:
1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A.
2º. Premer na icona “Tramitar en liña”
Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).
3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación xunto co impreso de autobaremación de méritos, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.
4º Lembre que deberá anexar, coa solicitude e a restante documetación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.
Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A.
Resolución do 13 de outubro de habilitación do procedemento ED003A (DOG)