WEB - Resolución Provisional da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 1 de decembro de 2020, pola que se dá a coñecer a relación de centros que reciben asignación para o funcionamento de clubs de lectura, segundo convocatoria de 29 de outubro de 2020, a través da cal se incentiva esta actividade de fomento da lectura en centros de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que acollen ensinanzas de educación secundaria, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial para o curso 2020/21.
Resolución provisional Clubs de lectura 2020/21
Ábrese un prazo de cinco días naturais para a presentación de alegacións ou renuncias, contados a partir da data de publicación desta resolución provisional no Portal Educativo, tal e como se recolle no artigo 7 da resolución de 29 de outubro de 2020 da D.X. de Centros e Recursos Humanos pola que se convocan os clubs de lectura para o curso 2020/21.
As alegacións ou renuncias, no seu caso, enviaranse por fax (981 54 65 42) ou por correo electrónico (asesoria.bibliotecas@edu.xunta.es) a efectos de axilización e, paralelamente, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia LIGAZÓN, dirixidas á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. Consellería de Cultura, Educación e Universidade