CXT 2020/21 - Concurso de traslados específico do corpo de Mestres para ORIENTACIÓN


01 Dec, 2020

DOGORDE do 13 de novembro de 2020 pola que se convoca concurso de traslados específico, entre persoal funcionario docente do corpo de mestres, para cubrir prazas de xefatura de departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial dependentes desta consellería.

ENLACE para participarhttps://www.edu.xunta.es/cxt

As prazas que se cubrirán neste concurso son as que aparecen no anexo II desta orde e as resultas que se poidan producir nos centros que aparecen no anexo III.

As prazas dos centros de orientación compartida (OC) solicitaranse co código do centro base, que é o centro que aparece no primeiro lugar.

As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e poderán presentarse:

a) No Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

b) Nos rexistros provinciais dos departamentos territoriais da Xunta de Galicia.

c) Na secretaría do centro educativo en que presta servizos o persoal concursante.

d) En calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo de presentación de solicitudes e documentos será de 15 días hábiles computados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Finalizado este prazo, non se admitirá ningunha nova solicitude nin a modificación das presentadas.

O persoal concursante poderá presentar reclamacións á resolución provisional, a través do órgano en que presentaron a súa solicitude de participación, no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa publicación na páxina web da consellería.

As persoas que desexen renunciar á súa participación no concurso deberán realizar a renuncia aínda no suposto de que non obtivesen destino na resolución provisional, xa que, de non o facer, poderán obter destino na resolución definitiva.

O persoal funcionario docente do corpo de mestres que estea participando simultaneamente nesta convocatoria e na realizada pola Orde do 19 de outubro de 2020, pola que se convoca concurso de traslados de ámbito autonómico entre o persoal funcionario docente do corpo de mestres, e que obteña praza definitiva da xefatura do departamento de orientación, entenderase que renuncia á participación no concurso xeral.