Resolución provisional dos centros e docentes premiados en Innovagal


30 Nov, 2020

WEB - Resolución provisional pola que se fai pública a relación de centros e docentes premiados conforme o disposto no apartado 10.1 da Resolución do 1 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan os premios educativos Innovagal para o profesorado e os centros docentes públicos da comunidade autónoma de Galicia durante o curso escolar 2020/2021.

Resolución provisional de centros e docentes premiados

Esta publicación abre un prazo de cinco días hábiles para presentar alegacións ou reclamacións.

Presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, https:// sede.xunta.gal e dirixiranse á Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional.