Resolución provisional admitidos
De acordo co disposto na base sexta da convocatoria pola que se acordou a apertura do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións, as persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, no prazo de tres (3) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no citado portal da Internet.
Tal e como se indica na dita base sexta a presentación das alegacións e documentación que proceda deberá realizarse electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020&numpub=1&lang=gl) na que está dispoñible o modelo de “emenda ao requirimento”.