FP - Instrucións para o desenvolvemento do período de formación en empresas na situación de pandemia


24 Nov, 2020

DOG - RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento do período de formación en empresas nas ensinanzas de formación profesional, ensinanzas artísticas e ensinanzas deportivas, na situación excepcional actual de pandemia derivada da COVID-19.

Artigo 3. Desenvolvemento ordinario

Artigo 4. Medidas extraordinarias para a realización da formación en centros de traballo nas ensinanzas de formación profesional

Artigo 5. Proceso de selección do alumnado e renuncia para a realización da FCT nas ensinanzas de formación profesional

5.1. No caso de que o número de prazas dispoñibles nos centros de traballo non sexa suficiente para a totalidade do alumnado dun grupo proposto para FCT, realizarase unha selección tendo en conta a nota media dos módulos avaliados antes da formación en centros de traballo. O alumnado que non acceda por esta vía realizará a FCT por algún dos procedementos establecidos no artigo 4.

5.2. O alumnado que non poida realizar a Formación en centros de traballo na empresa, para os efectos de non consumir a convocatoria asociada á matrícula, poderá solicitar a renuncia, segundo o modelo do anexo II, e quedará aprazada a FCT ata que sexa posible retomar a actividade ordinaria nas empresas colaboradoras. ()