Relación provisional de persoal admitido e excluido da lista de AUDICIÓN E LINGUAXE


18 Nov, 2020

WEBResolución do 18 de novembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e se ordena a publicación da relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de mestres, especialidade de Audición e linguaxe (597037)

Resolución provisional de persoas admitidas

O prazo de reclamacións contra a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional é de cinco (5) días hábiles. As reclamacións deberán formularse por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de acordo co establecido na base sexta da Resolución do 18 de novembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e se ordena a publicación da relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de mestres, especialidade de Audición e linguaxe (597037). Non se admitirán as reclamacións formuladas por correo electrónico.

Relación de persoas excluídas

LIGAZÓN ás LISTAS

Para realizar reclamacións á relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional desde a sede electrónica da Xunta de Galicia deberá acceder a seguinte LIGAZÓN.

1º Premer no botón Tramitar en liña

2º Identificarse co seu usuario e contrasinal

3º Cubrir a solicitude xenérica do seguinte xeito nos campos:

Asunto Relacionado: Alegacións á relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional do corpo de mestres, especialidade de Audición e linguaxe (597037)

Código de Procedemento: 597037

Destinatario: Consellería de Cultura, Educación e Universidade // Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

4º No seguinte paso deberá anexar a documentación que presente para emendar a súa solicitude ou formular a reclamación

5º Finalmente deberá asinar e presentar no rexistro electrónico e obter o recibo xustificativo da súa presentación.