Apertura de listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades de Secundaria e PTFP


17 Nov, 2020

WEB - Resolución pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de PES e de profesores técnicos de FP.

1. Corpo de profesores de ensino secundario (590)   

590007 Física e química                                        

590016 Música

590019 Tecnoloxía

590053 Lingua e literatura galega

590107 Informática

 2. Corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

591211 Mecanizado e mantemento de máquinas

591222 Procesos de xestión administrativa

591227 Sistemas e aplicacións informáticas

Prazo de presentación de solicitudes: desde o mércores, 18 de novembro ata o día 24 de novembro de 2020, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

3º. Seguir os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.

4º. Anexar coa solicitude a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

Por cada especialidade na que desexa inscribirse deberá formular unha solicitude, anexar a documentación e realizar un pagamento de taxas.

Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A.

Resolución do 13 de outubro de habilitación do procedemento ED003A (enlace DOG https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201021/AnuncioG0598-151020-0003_gl.pdf)