Resumo da Mesa Sectorial - Concursos de traslados específicos de Orientación e Adultos


04 Nov, 2020

WEB - Resumo da Mesa Sectorial: Borradores das Ordes dos Concursos de Traslados Específicos de Orientación e Adultos

Rogos e Preguntas de ANPE

  • Denunciamos e amosamos o noso total rexeitamento ao desprezo feito pola Consellería de Educación á Mesa Sectorial ao publicar á Resolución de Modificación de Horarios sen pasar por dita Mesa como é preceptivo.
  • Solicitamos aclaracións sobre o envío de máscaras de protección aos centros educativos. Solicitamos que se dote aos centros de máscaras dun nivel de protección maior ás enviadas ao principio de curso. Tamén demandamos o envío de máscaras homologadas transparentes para o profesorado de AL e outro profesorado específico que fai uso delas polas súas circunstancias.
  • Solicitamos a regulación normativa do teletraballo e a dotación de medios e recursos informáticos para o profesorado.
  • Denunciamos a cobertura irregular dunha praza no Equipo de Orientación Específico de Lugo por unha persoa que non cumpre os requisitos. Aproveitamos para preguntar se vai a haber concurso de orientación específico. A Administración resposta que teñen previsto convocar concurso de traslados para cubrir as prazas dos equipos de orientación específico.
  • Denunciamos que hai alumnado matriculado en canto no Conservatorio Superior de Música ao que se se lle está informando de que non poden acudir a clases porque van suprimir un docente. 
  • Solicitamos unha aclaración sobre prazas bilingües que se están ofertando no CXT de ciclos formativos en centros non plurilingües cando se nos informou que, normativamente, só se podían ofertar en centros plurilingües. Solicitamos que se nos aclare se iso é así ou non. A Administración di que o mirará. Nos centros ordinarios hai un acordo da Administración de non ofertalas se non son centros plurilingües. O caso específico da FP o analizarán coa Dirección Xeral correspondente.
  • Demandamos que no caso da “ensinanza online” se cubran todas as substitucións que xurdan xa que o artigo 11 do Plan de Continxencia“Cando durante o peche ou confinamento parte do profesorado afectado se atope de baixa será o equipo docente (departamento, equipos de ciclo, etc) co apoio da persoa Coordinadora TIC /eDixgal quen dispoña provisionalmente de recursos formativos ao alumnado ata a incorporación de persoal de substitución ou a alta do/a docente”, xenera dúbidas, solicitamos aclaración, non imos consentir máis carga de traballo engadida á que xa ten o profesorado nestes momentos.
  • Debe analizarse e dar unha solución a todo aquel profesorado que ten un traballo ímprobo xa funcionando en Google Classroom ou outras plataformas e que non se poden pasar de maneira inmediata ás aulas virtuais ou que directamente non funcionan nestas.
  • Solicitamos reforzo dos servizos de persoal tanto nas Xefaturas como nos Servizos Centrais.
  • Solicitamos que a Administración nos aclare se, agora que as prazas ARCO se van ofertar en horario completo, o profesorado pode voluntariamente renunciar a elas. A Administración aclara que ás xornadas completas non se pode renunciar.

Todas as organizacións sindicais solicitamos formalmente a presenza da Dirección Xeral de Formación Profesional nas Mesas Sectoriais para poder dar resposta aos rogos e preguntas concernentes á mesma.