CXT 2020/21 - Convocatoria do Concurso Xeral de Traslados entre funcionarios docentes


30 Out, 2020

DOG - ORDE do 19 de outubro de 2020 pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de Educación.

Prazo de presentación do 5 ao 26 de novembro

A solicitude cubrirase a través da internet, empregando o portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no enderezo www.edu.xunta.es/cxt

Modalidades de participación

Ao acceder á aplicación informática do concurso, o persoal que incorporou os datos persoais conforme a petición que lle foi formulada no seu momento pola Subdirección Xeral de Recursos Humanos encontrarase cos méritos alegados que foron validados, verá os méritos que lle son baremables e os que non son considerados para os efectos de baremo, e ofreceráselle unha puntuación para o concurso.

De estar o expediente incompleto, o persoal concursante interesado completarao na base de datos, e imprimirá a solicitude e a folla de alegacións que xera a propia aplicación informática e, xunto coa documentación xustificativa a que se fai referencia nos anexos XVI ou XVII, entregaraa conforme as normas recollidas na base vixésimo primeira no prazo de solicitudes previsto na base vixésimo terceira.

O persoal participante no concurso que alegue méritos nos números 6.1 e 6.3 do anexo XVI ou no número 4.1 do anexo XVII imprimirá a folla correspondente a estes méritos da aplicación informática e, xunto cos documentos xustificativos, remitiraa, dentro do prazo establecido na base común vixésimo terceira, á Comisión Avaliadora sita na Inspección Educativa de Santiago de Compostela, rúa da Besada, San Lázaro, 107, código postal 15703.

As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, e poderán presentarse:

a) No Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

b) Nos rexistros provinciais dos departamentos territoriais da Xunta de Galicia.

c) Na secretaría do centro educativo en que presta servizos o persoal concursante.

d) En calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Manual de usuario da aplicación. 
Información relacionada co concurso xeral de traslados. 

**** ADXUDICACIÓN PROVISIONAL - Mestres 11 de marzo de 2021

                                                         Secundaria 04 de marzo de 2021

**** ADXUDICACIÓN DEFINITIVA - Mestres 19 de maio de 2021

                                                     Secundaria 11 de maio de 2021